Creo que vivimos nun inferno ao que, ás veces, lle é permitido abrir unha fenda cara ao ceo. Apenas un instante. O suficiente para intuír a felicidade e comprender que non nos pertence. Porque non existe tormento máis fondo ca saber que o ceo existe e vivir condenado á súa ausencia.

Creo que somos o soño dun ser que dorme. E que ese ser, á súa vez, é o soño doutro. Así, de conciencia en conciencia, de sombra en sombra, prolongamos unha noite que nunca remata.

Creo na bondade dos que nacen cunha luz que non precisa ser acendida. E creo na dor dos que chegan ao mundo xa envoltos na escuridade, coma se a noite os escollese antes de aprenderen a pronunciar o seu nome.

Creo en moitas das verdades alleas, pero tamén na necesidade de dubidar delas. Porque toda certeza compartida leva dentro a semente do erro.

Creo no que sinto. Ás veces, nin sequera creo en quen o sente.

Atraveso terras hostís e terras fecundas. En ningunha delas conseguín sentirme completamente na casa.

Habito unha conciencia que me pesa como unha condena. Hai días nos que envexo a serenidade dos que ignoran, dos que viven sen preguntarse por que existe a ferida.

Creo en todos os seres humanos ata que a realidade me obriga a deixar de facelo.

E, malia todo, hai mañás nas que dubido incluso de que eu exista.

 

 

Autora: Laura Puente Vidal

Reyes Fragueiro
Reyes Fragueiro Título: “Mujeres Empoderadas”

6 respuestas

  1. Un poema moi triste, as veces creemos que todo e tristeza, pero hay pequenas cousiñas no día a día maravillosas, que nos alegran.
    Bo día a tod@s
    bicos 😘

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Quim da Venda
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.